Comenzarei a presentación deste blog, facendo referencia ao meu compañeiro Xaime quen citou francamente que este blog témolo debido a clase de Diseño, xa que pola contra coido que moitos non o fariamos pero postos a que o temos que facer, presentovos aquí os temas dos que tratarei o longo do meu paso pola rede.
Como o nome do meu blog da a entender tratarei temas de Galicia e máis concretamente da situación comunicativa que temos aquí. Quíxen escoller este nome para poder tratar todos aqueles programas que na nosa infancia emitían na Televisión de Galicia, porque... quen non recorda ao Xabarín clube? e tódalas aquelas cancións pegadizas?
Tamén me gustaría citar e tratar os anuncios que nos últimos meses emiten os supermercados como gadis, e o seu anuncio de Vivamos como Galegos! e o intento que outros están levando a cabo nos seus anuncios en galego.
Pois sen máis preámbulos invítovos a participar na miña idea de coñecer tódolos aqueles programas que pasaron polas nosas vidas e anuncios que hoxe en día despertan en nos un interese persoal pola cultura e idioma galegos.


ola Carla!gustame moito a túa idea do blog, a verdade é que as cancións e as series da TVG marcaron a nosa infancia, e penso que nunca as esqueceremos...porque ninguén se vai esquecer das noites de Pratos Combinados, de Mareas Vivas...e das míticas cancións do Xabarín clube como a de : o tren que me leva pola beira do Miño...Estou na lavadora...etc
posto que non so lemos este blog galegos, poderías explicar o que é o sentimento da morrinha, xa que é única nosa, e o resto da xento non coñece esto...
sin máis, xa me pasarei por aquí máis veces. Un saúdo dende Ourense Carla.
Buscando en internet atopei o teu blog e interésame moito a túa idea de facer unha páxina na que se poida participar e falar sobre a situación comunicativa galega. Polo que seguirei con interese todo o que nos poidas aportar mediante o teu blog.Un saúdo.