Para comenzar coa miña andaina neste mundo, gustaríame mostrar os anuncios realizados pola Xunta de Galicia aos que lles correponden ous seus respectivos anuncios en castelán para a xente de fora de Galicia.

A miúdo observamos que na publicidade se usa a identificación Galicia = calidade, sendo termos sinónimos. Os que aquí vivimos sabémolo de certo. Así é. Como aquí en ningures. Como se adoita dicir, o galego vende. E moito. E senón que llelo pregunten aos encargados da campaña de Turgalicia.

Todo apunta a que nas campañas da Xunta de Galicia está o xérmolo da aposta social polo galego. Oficialmente iniciaron unha andaina que está a ser imitada por distintos colectivos.

Co lema "Galicia Calidade" vai asociada a idea de que a nosa comunidade autónoma é única. Así se viu tamén no spot no que Luís Tosar puxo a súa voz para contarnos que só pode ser "única" a terra que conta con palabras como "badalada", "luscofusco" ou "morriña", mentres Luar na Lubre se encargou da banda sonora.