Remexendo na rede... Atopamos....
Como xa sabedes, a miña idea do blog foi adicalo especialmente a Galicia e a situación comunicativa na que se atopa, polo que subín en primeiro lugar un exemplo dos anuncios que foron elaborados para dar a coñecer a nosa terra, e sen desviarme do tema gustaríame adicar esta vez un artículo a aqueles que coma mín adican este espazo a falar deste tema.
Seguindo as indicacións que me deron empregeuei os buscadores de blogs para, ademáis de informarme sobre o meu tema poder dar conta dos blogs q mais me chaman a atención dos relacionados con este tema. En especial empreguei bitácoras.com e google blogsearchcomo bsucadores principais e así atopei os segintes...
En primeiro, lugar citarei ao blog bloguespolalingua.blogaliza.org xa que a súa iniciativa foi promover a idea dunha xuntanza de blogues que trataran o tema de Galicia, a súa situación etc, ademáis de nomear todos os acontecementos de especial interese na nosa terra coma o día das letras galegas, así como a defensa do galego tanto na sociedades actual como na rede, xa que defende o uso do galego nos blogues.
En segundo, lugar tamén empregando estos buscadores atopei outro blog que espertoi o meu interese, neste caso silviofalcon.blogaliza.org, o cal trata a visión de Galicia e os problemas da mesma desde o seu punto de vista, un estudante de ciencias políticas e de ideeoloxía nacionalista, ademáis de poñer a disposición de todos a súa ideoloxía e en xeral os temas sociais que lle atinxen a nosa terra.
Para rematar gustaríame tan só citar un último blogue dos que me parecen interesantes, aínda que podería adecar se cadra maís de tres páxinas para nomear todos aqueles que segundo a miña opinión merecen encadrarse na categoría de interesantes ou tal vez merecedores dalgunha das vosas visitas. Como ía dicindo outro dos blogues que espertaron o meu interese foi galiza.lacoctelera.net, xa que o seu nome xa foi dende un principio un garn paso para interesarme por el os seus temas son culturais e sociais ademais de ilustrar a súas entradas kon videos e fotografías, algo que me gusta moito.
Supoño que xa vos daríades conta de que os tres blogues q elixin presentan polo menos unha característica común.. a idea de escribir os seus artigos en galego, ademáis de tratar o tema de galicia. Espero que con isto vos interesedes tamén por este vlogs oa cales despertan o meu interese.



galega dijo
non sabes o engailada que estou ao atopar páxinas no noso idioma
eu tamén o uso
quizais non teño as mesmas razóns, pero é o idioma da miña terra
noraboa
27 Marzo 2009 | 08:54 PM