Quén no recorda ao xabarín máis famoso da TVG?

Tardes... e tardes rapaces de tódalas idades sentávamonos diante do televisor para ver os nosos debuxos favoritos...

O xabarín club comenzou a súa andaina o 18 de abril de 1994, cando eu e a xente da miña xeración tiñamos 4 anos e nesta década na dos 90, foi cando se converteu nun fenómeno social, con máis de 100.000 rapaces afiliado, a pegrunta e: quén non foi afliado de pekeno pola súa nai ao seu club, e no día do seu cumpleanos saía no espazo dos aniversarios cunha foto de pekerrecho??Coido que todos os desta xeración temos un carnet verde que sempre nos recordará a nosa infancia...

Xa que a imaxe final do programa era: Pero ainda que moitos de nos q xa non vemos esa programación o sigamos a pensar, o Xabarín club esta cambiando... as series... a música...

As tardes xa non son para os máis pekenos como o eran para nos, xa que agora o horario do Xabarín pasou para as mañas e moitos nenos xa non poden velo, e os debuxos animados  non son nin a metade de bos coma os eran antes...

Para rematar deixovos a parte que meno nos gustaba escoitar a todos....

 

E TI SAES DO CLUBE?? AFÍLIATE!!!!!!