A Resaca máis anticipada do ano
Para continuar coa tradición, un grupo de estudiantes do campus pontevedrés anticipuo este ano a Resaca das letras, que xa se leva celebrando durante cinco anos, que incluiu a celebración de conferencias, debates e varios concursos, para premiar o traballo dos alumnos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.
A idea foi coordinada este ano polos profesores Benigno Fernández Salgado, quen xa o levou outros anos, e Teresa Bermúdez, ámbolos dous profesores de Galego en dita Facultade. Ata agora as actividades víñanse celebrando en días posteriores ao dia das nosas letras galegas, adicado este ano a Ramón piñeiro, pero este ano co fin de ir quentando motores cara a celebración autonómica.
Este ano participou como ponente na conferencia na conferencia central da Rsaca das letras María Yañez, periodiste con experiencia en medios electrónicos. Despois da súa intervención celebrouse unha táboa redonda moderada por Manuel Gago, director de culturagalega.org baixo o título Por diante dos tempo: evolución e tendencia no uso da nternet en galego, e para rematar esta xornada o director da Área de Normalización Língüística da Universidade de Vigo, Xosé Enrique Costas explicou as campañas que a institución académica esta levando a cabo a este respecto.
O xornalista Gonzo, coñecido polo seu labor de reporteiro para o programa Caiga Quien Caiga, foi o condutor dunha gala na que se entregaron os premios do concurso de webs galegas e dos traballos dos alumnos do campus. O evento estivo amenizado polas actuacións de The Noisers e MLK.
Conde compartiu cos estudantes a súa “visión circular do márketing, da publicidade e da mesma vida” e indicoulles que “saber onde estamos e cara a onde queremos ir” é a primeira decisión que teñen que tomar na súa vida profesional. Nese proxecto, o presidente de BAP&Conde convidounos a xestionar a súa vida “como unha marca, a única pola que nunca podedes deixar de traballar”. Logo deste pequeno achado, o publicista comentou cos presentes no salón de actos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación que a publicidade “é unha influenza positiva para o mundo”. Unha afirmación sustentada no feito de que “a comunicación é un elemento constitutivo do home”, que precisa sinais que o guíen. Como colofón á súa intervención, Conde tamén quixo expresar o seu “combate radical” contra a idea de que a publicidade é un engano, porque “non se pode enganar se algo vai firmado”, indicou.
Tamén houbo momento para a entrega do galardón ás sete webs que venceron en cadansúa categoría. O Consello da Cultura Galega foi merecedora da distinción por partida dobre: como mellor web institucional e o seu espazo Mega, como mellor web musical. As prendas coloristas e desenfadadas de Rei Zentolo, ou máis ben a súa presenza na rede, recibiron o premio na categoría de web empresarial e corporativa; mentres que blogaliza.org, foi votada como a mellor web cultural. No apartado de blogs, o espazo Vespadicto recibiu a acreditación como vencedor de RdL’09, o mesmo que a axencia publicitaria Mabel Aguayo. O experimento en colaboración con Google para limitar as buscas a referencias galegas, Jujel.es, resultou vencedor na categoría informativa e xa o destaca na súa páxina de inicio. As webs situadas en segundo e terceiro posto nas votacións realizadas polos internautas tamén recibiron o seu galardón.
Resaca das Letras 2009 tamén prestou especial atención ao traballo dos estudantes do campus e premiou algúns dos seus traballos. A organización convocara tres categorías distintas: cartaz, traballo de curso e creación audiovisual, aínda que finalmente só se entregaron os premios desta última xa que nas outras dúas ou non houbo participación ou non tiña a calidade esixida. Dúas materias “pendentes para setembro”, como bromeou Gonzo.
O primeiro premio no apartado de creación audiovisual foi para Valle,
un traballo realizado por un grupo de primeiro de Publicidade (Isabel Pérez, Lucía Nogueira, Ana García, Andrés Pascual, Adriana Vázquez e Natalia Cabelo). O segundo foi para Humor galego, de Daniel Hernández, alumno de terceiro curso; mentres que o último caeu nas mans de Sandra González, Cristina del Canto e Adelina Dopico, autoras de Como ser ghallegho.


