Cantidades e cantidades de blogs existen hoxe en día na rede, de alumnos, profesores de tendas, empresas etc. esta entrada dedicareina a falar dun Blog que me chama moito a atención atendendo a distintos criterios.

Este Blog é laimagenconocida.lacoctelera.net o Blog de Sonia Delpont, compañeira de clase.

O seu contido é interesante en especial para o meu xa que ten que ver coa nosa carreira, e ademais a moita xente nos chama a atención a presenza dos famosos nos anuncios televisivos, cousa que os fai máis rechamantes. Neste blog ofrécense entradas moi variadas da presenza destes famosos así como os mesmos anuncios nos que aparecen, o que o fai segundo o meu punto de vista nun blog moi visual.

Por unha parte gustaríame destacar que é un blog que a pesar de que non é moi diario, esta moi traballado tanto na presentación, como se pode ver a súa cabeceira.

Por outra parte a forma na que trata a linguaxe é moi clara e sinxela. Ademais o seu deseño elixido é simple e transmite claridade no contido, algo segundo a miña opinión bastante importante á hora de facer un blog. Por todos estes motivos segundo a miña opinión este é un Blog de Blogs.